Ártika, Teatro Ensalle, Gurugú e Teatro del Andamio reciben as axudas da Xunta ao funcionamento das salas escénicas
Estes espazos de titularidade privada situados en Vigo e A Coruña foron adxudicatarios da liña destinada a impulsar a programación de carácter profesional O orzamento total ascende a 150.000 € para gastos vinculados cos espectáculos Os espazos vigueses Ártika e Teatro Ensalle, xunto cos coruñeses Gurugú Producciones e Teatro del Andamio, resultaron adxudicatarios das axudas …